Carl Eduard Adolph Gerstäcker
Retrato de Gerstäcker contra 1870 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1828 Berlín, Confederación Xermánica |
Morte | 20 de xullo de 1895 Greifswald, Pomerania Occidental (Imperio alemán) |
Cargos Conservador do Museo Zoolóxico Universidade Humboldt de Berlín Profesor universitario | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Medicina, Ciencias Naturais |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Director de tese | Johann Christoph Friedrich Klug (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía e zooloxía |
Ocupación | zoólogo |
Empregador | Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Greifswald |
Lingua | alemán |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Gerstaecker |
Arquivos en |
|
Premios |
Carl Eduard Adolph Gerstäcker, tamén coñecido como Carl Eduard Adolf Gerstaecker e Karl Eduard Adolf Gerstaercker, nado en Berlín o 30 de agosto de 1828, e finado en Greifswald, Pomerania Occidental, foi un zoólogo alemán especializado en entomoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carl Eduard Adolph Gerstäcker naceu en Berlín, onde estudou Medicina e Ciencias Naturais, doutorándose en 1855. En 1856 obtivo a súa habilitación como zoólogo e pouco despois foi nomeado conservador do Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín. En 1864 comezou a traballar como conferenciante no Landwirtschaftlichen Lehranstalt (Institución Agraria para a Educación) en Berlín. En 1874 foi nomeado profesor asociado de zooloxía na Universidade Humboldt e, en 1876, profesor de zooloxía na Universidade de Greifswald.[1]
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Monographie der Endomychiden (1858).
- Handbuch der Zoologie (con Wilhelm Peters e Julius Victor Carus), Leipzig (1863-1875).
- Carus, Julius Victor; Carl Eduard Adolph Gerstäcker, eds. (1863). Handbuch der zoologie. Zweiter Band. Leipzig: Engelmann.
- "Arthropoda", en Klassen und Ordnungen des Thierreichs (1866–1893).
- Beitrag zur Insekten-Fauna von Zanzibar. Parts [1]-3. (1866).
- Das Skelet des Döglings Hyperoodon Rostratus (Pont.) Ein Beitrag zur Osteologie der Cetaceen und zur vergleichenden Morphologie der Wirbelsäule, (1887).[2]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Gerstäcker emprégase para recoñcer a Carl Eduard Adolph Gerstäcker como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gerstaecker, Carl Eduard Adolph En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Volume 6, 1964. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0187-7, p. 323.
- ↑ HathiTrust Digital Library.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wilhelm Heß: "Gerstaecker, Karl Eduard Adolf". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Volume 49. Leipzig, 1904, Duncker & Humblot, p. 678.
- Lothar Kämpfe (2013): "Gerstaecker, Adolph (1828–1895)". En: Dirk Alvermann, Nils Jörn (ed.): Biographisches Lexikon für Pommern. Volume 1. Köln/Weimar/Wien: Böhlau Verlag. ISBN 978-3-4122-0936-0, pp. 90–92.
- Georg Uschmann (1964): "Gerstaecker, Carl Eduard Adolph". En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Volume 6. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0187-7, p. 323 (Dixitalizada).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lista completa das publicacións deste autor.
- Adolph Gerstaecker en Ernst Moritz Arndt Universität Greifswald.